AO SERVIÇO DAS ARTES PLÁSTICAS PARA DIVULGAÇÃO DA VIDA E OBRA DOS AUTORES E DE EVENTOS * GALERIA VIEIRA PORTUENSE * Largo dos Lóios, 50 4050-338 PORTO * (00351)222005156 * info@galeriavieiraportuense.com * www.galeriavieiraportuense.com

sábado, 19 de setembro de 2009

OROSO E GÓIS IRMANADOS NUMA EXPOSIÇÃO DE ARTE











































O Concello de Oroso inaugurou a cuarta edición do certame internacional “OROSOARTES 2009”, que este ano recolle 57 obras que teñen como temática común a infancia, a familia e a sociedade. Unha exposición na que participan prestixiosos artistas de España e de Portugal que poderá visitarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro ata o vindeiro 12 de outubro.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que “o ano pasado, o daquela ministro de Cultura, César Antonio Molina, dixo que esta exposición podía facerse sen ningún problema en Madrid, en París ou en Berlín. Hoxe podo dicir que é aínda mellor, tanto pola calidade dos artistas participantes como polo primeiro catálogo de arte que se fai en Oroso, grazas á axuda da Deputación da Coruña”.
Mirás Franqueira explicou que, coa organización deste tipo de certames, o Concello de Oroso busca un obxectivo tripla: “relanzar a cultura e a amizade entre Góis e Oroso, apoiar o mundo das artes en todas as súas expresións e dar a coñecer ese mundo ao público en xeral”. O alcalde orosán agradeceu a gran participación rexistrada neste certame e pedíu disculpa aos máis de 50 artistas cuxas obras non puideron ser expostas no centro cultural orosán por cuestións de espazo.
Pola súa banda, o presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, lembrou a colaboración da Deputación Provincial da Coruña co mundo da cultura, que en Oroso se traduce na edición do catálogo de OROSOARTES 2009, na colaboración para a realización do propio certame e que hai uns anos se materializou na construción do propio Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. “Estas cousas fanse porque hai alcaldes e concelleiros que o piden”, explicou Moreda, quen felicitou aos Concellos de Oroso e Góis, “dous concellos pequenos que decidiron crear un espazo cultural común”.
Neste sentido, o presidente da Deputación da Coruña destacou a importancia da cultura e da educación no futuro dos pobos e asegurou que “a auténtica igualdade de oportunidades entre homes e mulleres da provincia tense cando os nenos dun pobo coma Oroso teñen o mesmo acceso á cultura que outros de grandes cidades como A Coruña ou Santiago”.
Entrada da autopista
Finalmente, o subdelagado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, destacou “o papel da cultura e dos artistas como vertebradores dos pobos” e a súa contribución “para facer uns cidadáns máis libres”. Así mesmo, loubou o irmanamento entre Oroso e Góis e mesmo asegurou que “debería ser case obrigatorio que os Concellos tivesen que ter un concello irmán nalgunha parte do mundo”.
Por último, Pose Mesura referíuse a unha vella demanda do Goberno orosán: unha entrada á autopista cara Santiago e unha saída en Sigüeiro para os vehículos que proceden da capital galega. Na súa intervención, o subdelegado do Goberno apuntou: “a ver se temos unha entradiña á autopista un pouco decente”; un punto que refrendou o propio presidente provincial ao asegurar que “seguro que haberá unha entrada á autopista porque este alcalde é insistente e persistente”.
“OROSOARTES 2009” reúne un total de 57 obras de artistas coma: Estrela Rúa Barcia, Miguél Rodríguez Taboada, Jesús Rubén Barcia Rodríguez, Carmen Sevillano Estremera, Sabela Roma, María Teresa Barros Lodeiro, Rosa María Guisán Seijas, Ulpiano Guitián Freire, Ana Lamuño Vázquez, María del Pilar López Román, Lucía López Sánchez, Jaime Muinelo Grueira, Marcial Jesús Ortiz Martín, Marta María Pardo de Vera López, Manuel Suárez Casal, Miguel Zelada Jurado, Sara Garrote Gil, Paulo Diogo, Nolo Suárez Varela, Jesús Santos Revuelta, Francisco Maceira Rodríguez, Laíño, María del Carmen Calviño Iglesias, José Castro Dopico, Antonio Cuadrado González, Isa Nunes, María Esmeriz-Thomas, Conceiçao Ruivo, Dulce Menezes da Cruz, María Manuela Calado, Susana Ribeiro, Fran Lareo, Santiago Martínez Otero, Francés, Juan José Vila, María José Rodríguez García, Xosé María Lomba, Lucía Dubra Ríos, Acácio Manuel Freire Canete, Ana María Pereira Oliveira Monteiro, Antonio Agante, Ricardo da Silva Mónico, Camarro, Antonio Damiao de Jesús Vieira, Fernanda Figueirido, Fernando Martins, María Geraldes da Silva, Jorge Miguel Pinho de Almeida, José Sollari Allegro, Manuel García Madeira Lopes, Manuel Jorge Oliveira, Mauro Moro, Noel Figner, Nuno San Payo, Rita Cantante, María Teresa Henriques Pato e Virginia María de Almeida Pinto.
Este ano, a mostra conta coa novidade da edición dun catálogo de arte que recolle os traballos de todos os participantes. Un coidado catálogo de 74 páxinas a cor, en formato A5 e en papel de gran calidade. que o Concello de Oroso editou en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e que foi agasallado esta mañan entre os asistentes á inauguración oficial da exposición.
Alameda de Góis
Previamente á inauguración de OROSOARTES 2009 tivo lugar o descubrimento da placa que da o nome de “Alameda de Góis” á nova alameda que se está a construir en Sigüeiro a carón do Paseo do Río Carboeiro. Unha alameda para a que a Deputación Provincial ten aprobada unha axuda de 100.000 euros, como confirmou Salvador Fernández Moreda.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, agradeceu a financiación da Deputación Provincial e fixo especial fincapé na figura do presidente da Cámara de Góis, José Girao Vitorino, gran impulsor do irmanamento entre ambos municipios e que non puido estar presente por problemas de saúde. Mirás Franqueira asegurou que “esta é unha homenaxe especial a Girao que, aínda que non esté presente, está hoxe nos nosos corazóns”. O alcalde orosá desexoulle unha pronta recuperación ao político luso, que o vindeiro 11 de outubro retirarase da vida política activa. “De todos modos, hoxe podo dicir que será o noso convidado de honra na inauguración de OROSOARTES 2010”, adiantou Manuel Mirás.
A vereadora (concelleira) de Cultura da Cámara de Góis, María Helena Antunes Barata Muniz, deu lectura a unha carta de José Girao Vitorino na que agradecía o xesto do Concello de Oroso e aseguraba que esta Alameda de Góis “é un símbolo da ligazón eterna de dúas comunidades. Este xesto honra a Góis e fortalece o irmanamento nunha lóxica europea de pboos unidos a prol dun futuro común”.
Finalmente, o presidente da Asemblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvahlo, agradeceu a homenaxe do Concello de Oroso e asegurou que “en Góis tamén lle daremos o nome de Oroso a unha rúa ou alameda”. Así mesmo, adiantou que independentemente das elecións do vindeiro 11 de outubro, “temos a intención de manter e reforzar os lazos de amizade con Oroso”.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Minha lista de blogs

Marcadores

Pesquisar este blog

Seguidores